O plan de acción titorial (PAT) asigna titores e mentores ao estudantado da FIC, para que supervise a súa correcta adaptación ao centro e o adecuado aproveitamento das súas aprendizaxes.
A filosofía xeral do PAT está reflexada na web do PAT da UDC e nos seguintes documentos descríbese a implementación do PAT na FIC nos últimos cursos:
Nas titulacións de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos e Grao en Intelixencia Artificial, cada grupo de teoría asígnase a un titor por cuadrimestre. Terán, como mínimo, tres reunións anuais co seu grupo: unha a principios do curso, outra a principios do segundo cuadrimestre, e outra a finais do curso académico.
Existe tamén a figura de estudante mentor: estudantes dos últimos cursos do grao (3º e 4º) ou alumnos que, cursando o grao, estean matriculados nalgún dos másteres do centro, que se presentan de forma voluntaria para participar no programa, orientarán aos alumnos de primeiro e segundo curso. Cada un dos grupos de teoría destes cursos terá asignado varios estudantes mentores que realizarán unha serie de reunións co seu grupo (ao redor de tres reunións cada cuadrimestre) para complementar a función dos profesores titores.
As persoas con vinculación á UDC teñen máis información no noso taboleiroFIC.