Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

FIC-Sociedade

Vostede está aquí

 

A FIC ten entre os seus obxectivos, do mesmo xeito que a Universidade da Coruña en xeral, achegarse á sociedade e ao que esta necesita.

Hora do Código UDC

A Hora do Código UDC é un evento gratuíto para nenos entre 8 e 14 anos, organizado no marco do evento A Hora do Código, que se celebra en decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida. Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

Nas edicións realizadas na FIC, cubríronse todas as prazas habilitadas, o que permitiu que máis de 100 nenos aprendesen durante 1 hora conceptos fundamentais de programación utilizando tutoriales autoexplicativos con escenarios como Minecraft, Star Wars, Angry Birds ou Frozen, onde se propuñan distintos desafíos que había que superar para avanzar de nivel. Os nenos estaban acompañados nas aulas de varios monitores, alumnos e profesores da FIC e doutros centros da UDC, que lles axudaban en caso necesario.

Scratch Day

Scratch Day é un evento que se celebra por todo o mundo co obxectivo de achegar a programación aos nenos a través da linguaxe Scratch. Nas edicións celebradas na FIC, os nenos de entre 10 e 14 anos puideron realizar distintos talleres durante toda unha mañá (desde as 10:00 até as 14:00) . Para fomentar a participación de toda a familia e o coñecemento desta ferramenta tamén entre os maiores, as familias participaron en todas as actividades e talleres realizadas ao longo desta xornada.

First Lego League

A FIC participa na organización da FISRT LEGO League Galicia. FIRST LEGO League (FLL) e un desafío internacional que desperta o interese dos xóvenes pola ciencia e a tecnoloxía. FLL utiliza desafíos temáticos para involucrar ós xóvenes, de 10 a 16 anos, na investigación, a resolución de problemas, e a ciencia. Os pilares do programa son os Valores FLL que enfatizan o aprender dos demais compañeiros, a competición amistosa, a aprendizaxe e a contribución á sociedade.

Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC

O Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC xurdiu para recoñecer a ampla aplicación práctica que teñen os proxectos que se están realizando na FIC. Este premio conta co patrocinio de  Altia, Everis, Grupo Voz, Telecom Galicia e VectorITC Group. Ademais, da colaboración de CITIC e a FUAC.

Visitas dos institutos

A FIC acolle, dentro do programa Visita o campus da Coruña, visitas para que estudantes de ensinos medios coñezan o noso centro e as titulacións impartidas nel. Para coñecer máis detalles do programa ou concertar unha visita, débese contactar co SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante) da UDC.

Apoio a outras iniciativas

A FIC acolle e apoia numerosas iniciativas organizadas por profesores e estudantes: congresos, charlas, talleres,... Todos os interesados poden seguilas a través do apartado de Noticias, de Facebook e Twitter.

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña