As actividades de orientación para os estudantes do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos están incluídas no PAT da titulación.
Durante o curso celébranse diferentes eventos e charlas informativas para achegar aos estudantes a información relacionada coa propia titulación:
Como estudantes do grao, os estudantes poden participar en diferentes programas de mobilidade: Erasmus+ (tanto con fin de estudos como Erasmus prácticas), convenios bilaterais, SICUE etc.
Estes programas están regulados segundo diferentes convocatorias que son difundidas a través da web do centro no momento da súa publicación, e ademais organízanse diferentes charlas informativas para explicar os diferentes programas aos estudantes. Estas charlas celébranse xeralmente no mes de febreiro, e inclúen unha charla xenérica para todo o alumnado da UDC, e outra charla propia para estudantes da FIC, na que se explican os detalles máis específicos que aplican a titulación de Grao.
Durante todo o curso, e desde a dirección do centro, prográmanse diferentes actividades de orientación laboral: ciclos para coñecer as empresas do entorno, talleres de empregabilidade, etc.