A Facultade de Informática da Universidade da Coruña participa en diferentes programas de movilidade:
Máis información:
Existe un convenio entre a Universidade da Coruña e a University of South Wales que posibilita que estudantes da FIC poidan obter duos graos universitarios sempre que cursen e aproben 60 créditos na citada universidade do Reino Unido. Ao finalizar todos os estudos, o estudante terá os seguientes títulos:
Para participar no programa, é imprescindible:
Aínda que a equivalencia entre materias está pensada para estudantes que teñan superado só o primeiro e o segundo curso do grao na FIC, é posible a participación no programa de estudantes que estivesen matriculados en materias de terceiro no curso anterior. Estes casos estudiaranse de forma individualizada.
Entre os alumnos solicitantes haberá a posibilidade dunha mobilidade Erasmus, que se otorgará tendo en conta o expediente académico.
No seguinte documento pódese consultar o procedemento para a solicitude e xestión do recoñecemento de materias para os alumnos interesados (aprobado pola comisión académica do centro o 3 de setembro de 2014): procedemento
A continuación inclúese o formulario de solicitude en diferentes formatos: formato doc, formato odt, formato pdf.
Pode consultarse máis información na wiki.
Responsable de mobilidade do centro: Óscar Pedreira Fernández.
Email de contacto: erasmus.fic @ udc . es