Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Traballo Fin de Grao

Vostede está aquí

 

O Traballo Fin de Grao (TFG) é un exercicio orixinal, que se debe realizar individualmente, e que para a súa superación debe ser presentado e defendido ante un tribunal universitario. Consiste nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría en Informática de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.

Na avaliación do TFG terase en conta a calidade e alcance do traballo realizado, a valoración da memoria e a presentación oral. A normativa de avaliación está recollida no "Regulamento dos Traballos Fin de Grao", que se enlaza no seguinte ítem.

Existe una comisión no centro, a Comisión Xestora de Traballos Fin de Grao, que se encarga de xestionar todos os procesos relativos aos TFG e asegurar a aplicación do regulamento. Podes consultar aquí a composición de dita comisión.

Información e regulamentos

Anuncios relativos ao TFG

Podes consultar as últimas novedades no taboleiroFIC ou no moodle da materia.

Na wiki podes encontrar os acordos das reunións da Comisión Xestora de TFG, entre eles, o que respecta a:

  • Horarios, tribunais e aulas das defensas dos traballos.
  • Aprobación de anteproxectos, renuncias, modificacións ou prórrogas de traballos.
  • Oferta de traballos por parte do profesorado.
  • Anuncios sobre seminarios relacionados co traballo.
  • ...
  • Horarios de defensas.

Procedemento de presentación de anteproxectos

A presentación dun anteproxecto é un requerimento necesario se un TFG preséntase fora do ámbito da materia, é dicir, cando non é un dos ofertados polos profesores da materia. Deberá vincularse a unha das cinco mencións e ten que ser aprobado pola Comisión Xestora dos TFGs.

O anteproxecto presentarase seguindo as instruccións do regulamento de TFG, e seguindo o modelo proporcionado polo centro no taboleiroFIC e a través do Moodle.

Procedemento de solicitude de prórroga

Un TFG debe ser defendido no curso académico no que foi asignado (no caso de traballos propostos por profesores) ou no que se aprobou o anteproxecto (no caso de traballos propostos por estudantes). Se o estudante non pode defendelo nese curso académico, é posible pedir unha prórroga para o curso seguinte.

Para iso é necesario volver matricularse do TFG e, a continuación, cubrir o formulario de solicitude de prórroga e entregalo en administración durante o primeiro mes do curso académico. Se o director ou directores dan o visto e prace, será suficiente que asinen o formulario de solicitude de prórroga, en caso contrario será necesario acompañar a solicitude de prórroga cun informe do director ou directores.

Formulario de solicitude de prórroga en diferentes formatos:

Procedemento de renuncia do traballo fin de grao

O estudante poderá renunciar a un TFG asignado mediante un escrito razoado á Comisión Xestora dos TFG. Unha vez concedida a renuncia, o alumno deberá presentar un TFG fóra do ámbito da materia ou optar á oferta de traballos por parte dos profesores da materia no seguinte curso académico.

Para solicitar a renuncia dun TFG, é necesario cubrir o formulario de solicitude de renuncia e entregalo en administración.

Procedemento de modificación do traballo fin de grao

O estudante poderá solicitar a modificación dun TFG mediante un escrito razoado á Comisión Xestora dos TFG. É necesario cubrir o formulario de solicitude de modificación e entregalo en administración.

Procedemento de solicitude de acceso á dobre mención

Para acceder á dobre mención é necesario solicitalo cun escrito entregado na administración do centro e dirixido á Comisión Xestora dos TFGs no que se explique a modalidade coa que se queira acceder: dous TFGs diferentes ou un único TFG para ambas as mencións. No caso desta segunda modalidade, será necesario acompañar a solicitude cun informe en que se xustifique razonadamente a adecuación do TFG proposto a cada unha das mencións, facendo especial fincapé nas competencias específicas.

O formulario de solicitude que se enlaza a continuación contempla tamén a posibilidade de solicitar o acceso a unha segunda mención posteriormente a obter o título de Grao cunha primeira especialidade. A solicitude presentarase na administración do centro, preferiblemente acompañando á presentación do segundo (ou único, segundo modalidade) anteproxecto ou, no seu caso, unha vez que o alumno teña asignado o segundo TFG polo procedemento de oferta do centro.

Formulario de solicitude de acceso á dobre mención:

Modelo de informe xustificativo para optar á dobre mención mediante a modalidade de TFG único:

En caso de dúbidas...

  • Do procedemento dos TFG: contactar co coordinador da titulación.

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña