A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.
A política de calidade da FIC afecta a todas as titulacións oficiais impartidas no centro e é coherente co Plan Estratéxico da UDC 2022-2026.
Co fin de despregar os obxectivos estratéxicos da FIC, anualmente revísanse os obxectivos de calidade propostos para o curso anterior e elabóranse os obxectivos de calidade para o curso seguinte.