Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Acceso e Admisións

Vostede está aquí

O acceso a esta titulación realízase de acordo coa normativa de acceso xeral ás universidades do Sistema Universitario Galego (http://ciug.cesga.es).

Actualmente o cupo de alumnos no Grao en Intelixencia Artificial é de 50. 

Os dous camiños de acceso máis habituais son:

  1. Acceso desde Bacharelato. Recomendamos fortemente a Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, con especial atención ás materias Matemáticas I, Física e Química, Matemáticas II e Física

  2. Acceso desde Ciclos Formativos de Grao Superior. Considéranse especialmente idóneos os ciclos nos que predominen os contidos pertencentes ao ámbito da informática, como Administración de Sistemas Informáticos en Rede, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, Desenvolvemento de Aplicacións Web ou Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.  

En xeral, como coñecementos recomendados entre os alumnos que ingresan no programa formativo deste grao indicamos os seguintes:

  • Matemáticas (cálculo básico, nocións de álxebra, rudimentos de estatística, ...). 
  • Física (electromagnetismo, circuítos eléctricos).
  • Inglés.
  • Informática básica.  

Entre as habilidades desexables entre os novos estudantes destacamos:

  • Capacidades básicas no manexo das novas tecnoloxías.
  • Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Sentido da organización, atención ao detalle e sentido práctico.
  • Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación e espírito emprendedor. 
  • Interese polos avances científicos e tecnolóxicos.

Matrícula (primeiro por primeira vez e continuación de estudos)

Nesta ligazón poderá atopar instrucións e documentación importante para realizar a matrícula do Grao.

Características recomendables do equipo informático para traballar nos laboratorios:

Mínimas:

  • equipo portátil
  • procesador Intel Core I3 de primeira xeración (ou equivalente AMD)
  • 2 GB de memoria RAM

Óptimas:

  • equipo portátil
  • procesador Intel Core I5 de sexta xeración ou superior (ou equivalente AMD)
  • polo menos, 4 GB de memoria RAM
  • unidade de almacenamento de estado sólido (SSD)

Procedemento para cambio de universidade de custodia do expediente

  • As persoas que, matriculadas na Universidade de Santiago de Compostela nos estudos de Grao en Intelixencia Artificial, desexen cambiar á Universidade da Coruña o seu expediente, axustaranse ao seguinte procedemento.
  • As persoas que, matriculadas na Universidade de Vigo nos estudos de Grao en Intelixencia Artificial, desexen cambiar á Universidade da Coruña o seu expediente, axustaranse ao seguinte procedemento.

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña