Os/as alumnos/as que vaian solicitar preinscrición no terceiro prazo, poden solicitar asistencia a clase, mentres están pendentes de matrícula, para non perder docencia. Para iso, é preciso cubrir este formulario, antes das 17:00 horas do venres 18 de septembro de 2020. Amplíase o prazo ata as 23:45 horas do xoves 01 de outubro de 2020.
IMPORTANTE:
A Facultade de Informática imparte o Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) dende o curso 2012/13. As características deste mestrado son as seguintes:
Trátase do título oficial que culmina o proceso de adaptación da oferta da FIC ao EEES, e que corresponde á formación do titulado superior en Enxeñaría Informática seguindo as recomendacións do marco profesional, sendo o título que asegura a adquisición de todas as competencias establecidas para a profesión.
Consta de 90 créditos ECTS (60 en dez materias de primeiro curso; 30 en dúas de segundo curso, que son Prácticas en Empresa e Traballo Fin de Mestrado).
Garante o contacto co mundo profesional: participan empresas na materia Prácticas en Empresa, no Traballo Fin de Mestrado e impartindo conferencias e seminarios. Aquí podes atopar máis información.
Permite ampliar, actualizar e consolidar os coñecementos necesarios para o desenvolvemento profesional de calquera persoa titulada en Informática.
Este título está acreditado polo prestixioso selo Euro-Inf. Euro-Inf é un Selo Internacional de Calidade (SIC) para o ámbito académico universitario, promovido por EQANIE (European Quality Assurance Network for Informatics Education), que recoñece que os estudos cumpren amplamente coas esixencias profesionais no ámbito da informática.
Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia. O MUEI é un dos tres másteres de Galicia que contan con este prestixioso recoñecemento.
Para matricularse no MUEI, previamente hai que preinscribirse no prazo correspondente (os prazos indícanse máis abaixo) e despois realizar a matrícula no prazo asociado a esa preinscripción.
A matrícula será efectiva se hai prazas vacantes e se cumpren as condicións de admisión. Teña en conta que o número de prazas é limitado e poderían cubrirse en calquera prazo (agás no prazo extraordinario para estudantes de sistemas universitarios alleos ao EEES, onde só se poden cubrir, como máximo o 30% das prazas.), por lo que lle interesa preinscribirse e matricularse canto antes.
A preinscrición consta de dous procesos diferenciados:
Para o curso 2020/2021 ofertanse 40 prazas.
Prazos de preinscrición e matrícula para alumnos de novo ingreso (documento oficial).
(*1) Datas modificadas en Consello de Goberno do 06/05/2020
Prazo de matrícula para alumnos de continuación de estudos.
Máis información sobre admisión e matrícula nas FAQ do MUEI.
O MUEI segue o calendario académico da FIC, que pode consultarse aquí.
Adicionalmente, nos seguintes enlaces, poden consultarse os horarios das materias do MUEI e o calendario de exames (que se aproba conxuntamente co calendario de exames do GEI).
Coordinación do profesorado (só dispoñible para o profesorado e administración).
Wiki FIC - Docencia MUEI (só dispoñible para usuarios da UDC).
Coordinador do título: José Manuel Vázquez Naya, coordinacion.muei.fic[at]udc.es.
Consultas administrativas: negociado.fic[at]udc.es / 981 167 000 ext. 1286.