Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Curso Ponte

Vostede está aquí

Curso de adaptación ao grao para enxeñeiros técnicos en informática

A facultade oferta un curso de adaptación ao Grao para Enxeñeiros Técnicos en Informática, coas mencións en:

  • Tecnoloxías da Información (15 prazas)
  • Enxeñaría do Software (15 prazas)

Documentación relacionada:

Recoñecemento de experiencia profesional no curso de adaptación ao grao

O/a estudante, unha vez admitido/a, poderá solicitar o recoñecemento de 1, 2 o 3 disciplinas (6, 12 ou 18 ECTS) pola experiencia profesional que acredite, de forma que se xustifique documentalmente a adquisición das competencias das materias solicitadas. Á vista do informe que emitirán os profesores das materias, a Comisión de Docencia do Centro determinará a aprobación de cada solicitude, no prazo establecido pola normativa académica durante o primeiro cuadrimestre do curso. Para a obtención dos correspondentes recoñecementos (6, 12 ou 18 ECTS) será necesario acreditar unha experiencia profesional mínima de 1, 1.5 ou 2 anos, respectivamente, a tempo completo exercendo vía contrato ou convenio como enxeñeiro/a técnico/a en informática.

Procedemento

O/a estudante presentará, no momento da matrícula, unha memoria completa coa información seguinte:

  • 1ª páxina: instancia dirixida ao decano na que formaliza a solicitude de recoñecemento de disciplinas concretas.
  • Xustificación, argumentada polo solicitante, dos motivos polo que o traballo realizado desenvolve as competencias das disciplinas incluidas na solicitude.
  • Copias dos contratos/convenios, certificacións asinadas polos responsables das empresas/institucións/proxectos, certificacións da seguridade social, ou outros documentos que poda presentar o/a solicitante como respaldo da súa solicitude.

As competencias das materias pódense consultar no documento titulado "información provisional" do enlace adxunto, donde aparecen referenciadas como: C2, C3, C9 ou C15 para as disciplinas do módulo común, de IT1 a IT7 para as disciplinas da especialidade de Tecnoloxías da Información, e de SE1 a SE6 para as disciplinas da especialidade de Enxeñaría do Software. A súa denominación atópase a partir da páxina 24 da memoria do Grao.

Recoméndase consultar a Guía Docente das disciplinas.

 

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña