Todas as materias do plan de estudos que se cursen en inglés reflectiranse no expediente académico do estudante, facéndose constar nos certificados académicos expedidos pola universidade. Ademais, incluirase no Suplemento Europeo ao Título (SET) a mención dos estudos superados en inglés.
Ao formalizar a matrícula no Grao en Enxeñaría Informática débese de marcar a opción do grupo con docencia en inglés (ou verificar que está marcada no caso de alumnos de continuación).
Para os alumnos de primeiro, só haberá 20 prazas dispoñibles para este grupo. Estas iranse adxudicando, en cada período de matrícula, por orde de nota de admisión.
Os alumnos con docencia plurilingüe formarán un grupo separado nas materias que se impartan en inglés. No resto de materias asignaráselles un grupo en horario de mañá compatible coas anteriores.
No momento de formalizar a matrícula na Administración do Centro, os estudantes de novo ingreso deberán elixir unha das dúas opcións:
Habilitarase un prazo de 15 días, que comezará ao comezo do cuadrimestre, no que se poderá solicitar a renuncia á docencia plurilingüe e un cambio a un grupo con docencia ordinaria. Nese caso, o alumno que renuncie cambiará de grupo e asistirá a todas as clases nas linguas oficiais de Galicia.
Os alumnos que se matriculen por primeira vez na FIC poden solicitar a súa inscrición no grupo con docencia en inglés. Os alumnos que xa cursaron cursos anteriores na linea plurilingüe, se desexan completar a docencia nesta linea e así obter o recoñecemento oficial do seu esforzo, deberán marcar a opción de grupo con docencia en inglés. Se se suspendio algunha materia cursada en inglés no curso pasado, débese repetir este curso tamén en inglés.