Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Estudar na FIC

Vostede está aquí


 

Descarga aquí a guía informativa sobre a FIC.

Descarga aquí el Manual de supervivencia de la FIC (proyecto desarrollado por Daniel Feito Pin & Lúa Rico Rodríguez). Actualizado el 11/09/2024.


O título de Grado en Enxeñaría Informática pola UDC propón a integración de todas as especialidades existentes en España, e é o único título en Galicia que asegura unha cobertura de todas as competencias que poden adquirirse hoxe en día no ámbito da Enxeñaría Informática: o estudante pode elixir no 3º curso entre as especialidades de Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Software. Podes atopar máis información nesta mesma web pulsando esta ligazón.

A partir do curso 2019/20 tamén se pode estudar na FIC o título de Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos por la UDC. A FIC convértese así no único centro universitario de Galicia onde se imparte esta titulación. Podes atopar máis información nesta mesma web pulsando esta ligazón.

A partir do curso 2022/23 tamén se pode estudar na FIC o título de Grao en Intelixencia Artificial por la UDC. Podes atopar máis información nesta mesma web pulsando esta ligazón.

En canto á vida dos nosos estudantes durante os anos que pasan na facultade, podemos presumir de ter amplas zonas comúns que cobren todas as necesidades que se poidan atopar, desde unha biblioteca para cando sexa necesario estudar tranquilo, con plena concentración, ata unha zona de libre disposición con mesas nas que se pode enchufar un portátil e traballar en equipo... ou distraerse un pouco, pasando por unha aula pensada para realizar traballos en equipo que requiran algo de tranquilidade pero tamén certo intercambio de ideas. Buscamos fomentar un san ambiente de compañeirismo que faga máis levadías as moitas horas que pasamos aquí.

Por suposto, a nosa relación coas empresas informáticas da nosa contorna é moi estreita. A miúdo organizamos charlas nas que profesionais en activo nas máis importantes empresas do sector presentan problemas (e solucións) reais de enxeñaría informática. 

Tamén é posible asistir a unhas xornadas de seguridade informática, a talleres de software libre, a unha party informática de varios días,...

 

 

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña