(INGLES)
O plan de acción titorial (PAT) asigna titores ao estudantado da FIC, para que supervise a súa correcta adaptación ao centro e o adecuado aproveitamento das súas aprendizaxes.
A filosofía xeral do PAT está reflexada na web do PAT da UDC e nos seguintes documentos descríbese a implementación do PAT na FIC nos diferentes cursos:
Na titulación de Grao en Enxeñaría Informática existe unha asignación individual alumno-titor que se fai cando o alumno ingresa por primeira vez no grao e se mantén, mentres sexa posible, ata que o alumno remate a carreira. Desta maneira, o estudante pode acudir ao seu titor individual sempre que o necesite.
Ademais dos titores individuais, cada grupo de teoría do grao ten asignado un titor grupal que terá, como mínimo, tres reunións grupais anualmente co seu grupo: unha a principios do curso, outra a principios do segundo cuadrimestre, e outra a finais do curso académico. Na primeira reunión presentará o PAT entre o alumnado que non o coñece, explicará a súa labor como titor, e poderá ter un primeiro contacto cos estudantes, orientándoos nos procesos que transcorren durante os primeiros meses de curso e detectando calquera necesidade ou problema que xurdira ate o momento. Na segunda titoría grupal pode analizar o transcurso do primeiro cuadrimestre e detectar novas necesidades ou problemas, e finalmente na última titoría grupal ao final do curso académico poderase analizar o transcurso do curso completamente. Ante calquera problema máis específico dun alumno, este poderá ser remitido ó seu titor individual.
Existe tamén a figura de estudante mentor. Deste xeito, estudantes dos últimos cursos do grao (3º e 4º), que se presentan de forma voluntaria para participar no programa, orientarán aos alumnos do primeiro curso. Cada un dos grupos de teoría de primeiro terá asignado dous estudantes mentores que realizarán unha serie de reunións grupais cos alumnos (ao redor de tres reunións cada cuadrimestre) para poder orientar dende a súa posición aos alumnos de primeiro e complementar a función dos profesores titores.
A continuación móstrase o listado de titores por curso e grupo:
Grupo | Nome titor | |
---|---|---|
1º curso | 1 | María González Taboada |
2 | Paula Castro Castro | |
3 | Ramón Miñones Crespo | |
4 | María José Souto Salorio | |
5 | Luis Hervella Nieto | |
6 | José A. García Naya | |
2º curso | 1 | José R. Paramá Gabía |
2 | José Losada Pérez | |
3 | Elena Hernández Pereira | |
4 | Mariano Cabrero Canosa | |
3º curso (común) | 1 | 1Susana Ladra González |
2 | Jorge Novo Buján | |
3 | Adriana Dapena Janeiro | |
3º curso (espec.) | IS | Laura M. Castro Souto |
IC | Julio Brégains Rodríguez | |
COM | Beatriz Pérez Sánchez | |
SI | Javier Parapar López | |
TI | David Vilares Calvo | |
4º curso (espec.) | IS | Alberto Valderruten Vidal |
IC | José M. Andión Fernández | |
COM | Emilio J. Padrón González | |
SI | Miguel Rodríguez Luaces | |
TI | Xose Rodríguez Piñeiro |
A continuación móstrase o listado de alumnos mentores de cada grupo de 1º curso:
Grupo | Nome alumnos mentores | |
---|---|---|
1º curso | 1 | Martín Gómez González, Cristina Calvo Rodríguez |
2 | Breixo Camiña Fernández, Francisco Javier Rúa Barreiro | |
3 | Xoán Mallón Moure, Christian Iglesias García | |
4 | Xoán Mallón Moure, Christian Iglesias García | |
5 | Breixo Camiña Fernández, Francisco Javier Rúa Barreiro | |
6 (inglés) | Martín Gómez González, Marcos Horro Varela |