Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Orientation

You are here

Error message

No se pudo crear el archivo.

As actividades de orientación para os estudantes do Grao en Enxeñaría Informática están incluídas no PAT da titulación.

Orientación académica

Durante o curso celébranse diferentes eventos e charlas informativas para achegar aos estudantes a información relacionada coa propia titulación:

  • Xornadas de acollida (principios de setembro), destinada ao alumnado de novo ingreso, e na que o equipo decanal e o coordinador do PAT se presentan, e presentan tamén instalacións, recursos docentes, aulas, biblioteca, servizos da UDC e en xeral a organización do grao.
  • Xornadas de presentación de materias (o primeiro día de cada cuadrimestre), destinada a todo o alumnado matriculado en materias do grao, e na que o profesorado coordinador das diferentes materias presentan ao equipo docente, os contidos, a planificación e a organización das súas materias.
  • Xornada de presentación de especialidades (abril-maio), destinada ao alumnado que debe elixir mención no seguinte curso académico, e na que o coordinador da titulación e os coordinadores das cinco mencións presentan os contidos e obxectivos de cada especialidade, así como aclaran todas as dúbidas do proceso.
  • Reunións informativas de TFGs (finais de outubro e finais de curso), destinada a todo o alumnado matriculado en materias de TFG ou que se vai matricular no seguinte curso, e na que o coordinador do grao (e responsable de TFG) presenta os trámites, condicións e organización do TFG.
  • Reunións informativas de prácticas en empresas (xuño), destinadas ao alumnado que opta a prácticas en empresas, e nas que a dirección do centro, concretamente a responsable de prácticas en empresas, presenta os trámites, condicións e organización das prácticas externas en empresas.

Orientación sobre programas de mobilidade

Como estudantes do grao, os estudantes poden participar en diferentes programas de mobilidade: Erasmus+ (tanto con fin de estudos como Erasmus prácticas), convenios bilaterais, dobre grao coa University of South Wales, SICUE etc.

Estes programas están regulados segundo diferentes convocatorias que son difundidas a través da web do centro no momento da súa publicación, e ademais organízanse diferentes charlas informativas para explicar os diferentes programas aos estudantes. Estas charlas celébranse xeralmente no mes de febreiro, e inclúen unha charla xenérica para todo o alumnado da UDC, e outra charla propia para estudantes da FIC, na que se explican os detalles máis específicos que aplican a titulación de Grao.

Orientación laboral

Durante todo o curso, e desde a dirección do centro, prográmanse diferentes actividades de orientación laboral: ciclos para coñecer as empresas do entorno, talleres de empregabilidade, etc. 

A Coruña Faculty of Computer Science

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña