(INGLES)
As aulas de docencia atópanse no andar 2 e andar 3 da Facultade de Informática e no andar 3 do edificio Área Científica. Actualmente existen 4 aulas grandes (120 postos) e 10 pequenas (60 e 40 postos). Para realizar probas de avaliación existe un aula de exames.
Calquera persoa físicas e xurídica pode solicitar a cesión temporal dalgún destes espazos para realizar actividades. A normativa de uso e cesión, os prezos vixentes para cada tipo de instalación así como o formulario de solicitude atópase na páxina web do Servicio de Patrimonio, Inventario y Gestión Económica da UDC. Calquera membro da comunidade universitaria así como organizacións vinculadas á UDC poderá solicitar a cesión gratuita, cubrindo o formulario de solicitude mencionado e unha instancia dirixida ao Decano da Facultade de Informática.
Táboa de aulas, capacidades e dimensións
Aula | Capacidade | Dimensión | Características |
---|---|---|---|
3.0 | 132 | 169,19 m² | 12 filas de 11 mesas |
3.1 | 132 | 169,19 m² | 12 filas de 11 mesas |
3.2 | 132 | 171,40 m² | 12 filas de 11 mesas |
3.3 | 132 | 171,40 m² | 12 filas de 11 mesas |
2.0a, 2.0b, 2.1a, 2.1b | 60 | 85 m² | 5 filas de 12 mesas |
18 tomas eléctricas na parede | |||
2.2a, 2.2b, 2.3b | 60 | 85 m² | 5 filas de 12 mesas |
18 tomas eléctricas na parede | |||
2.5w | 40 | 87,19 m² | 20 mesas de laboratorio con tomas eléctricas |
2.6w | 40 | 88,04 m² | 20 mesas de laboratorio con tomas eléctricas |
2.7w | 40 | 88,04 m² | 20 mesas de laboratorio con tomas eléctricas |
exames | 264 | 403,52 m² |