Xornada de portas abertas e Hora do Código 2020
A Facultade de Informática celebra a súa xornada de portas abertas o sábado 8 de febreiro de 2020.
A xornada está orientada a estudantes de ESO e bacharelato, profesorado, orientadores e familiares. Como parte da xornada celebraranse distintos talleres, presentarase a oferta académica do centro e realizarase unha visita ás instalacións da Facultade.
Comezará ás 11:00 con exhibición de proxectos informáticos para todas as idades.
Ao mesmo tempo, realizaranse charlas divulgativas sobre:
- Seguridade e Confianza na Rede [Martiño Rivera],
- Big Data e xenómica [Susana Ladra],
- Análise de datos para a detección de impurezas no combustible para a aviación [Ricardo Cao].
A partir das 12:00 os máis pequenos poderán iniciarse na informática coa Hora do Código mentres, para os maiores, presentarase en detalle a oferta académica do centro.
Rematarase (a partir das 13:00) cunha visita ao centro e a entrega de trofeos para os participantes na Hora do Código.
Inscricións (gratuitas, por suposto):
- Xornada de portas abertas na seguinte ligazón: https://www.eventbrite.es/e/entradas-jornada-de-puertas-abiertas-2020-facultade-de-informatica-da-coruna-89606243687
- Hora do Código: https://www.eventbrite.es/e/entradas-la-hora-del-codigo-2020-udc-a-hora-do-codigo-2020-udc-91288958733
Información para a Hora do Código: https://hourofcode.fic.udc.es/index-gal.html