X PREMIO AO MELLOR TFG APLICADO DA FIC
Convocatoria dirixida a estudantes da FIC con Traballos Fin de Grao defendidos no curso académico 2023/2024 (novembro de 2023, febreiro, xullo ou setembro de 2024) e que obtiveran unha cualificación de Matrícula de Honra.
Enviouse por correo electrónico máis información ao estudantado nesta situación. Para calquera consulta ou incidencia, debe poñerse en contacto co Vicedecanato de Relacións Institucionais da FIC.