Visita ao CSA da Cidade das TIC
A Facultade de Informática organiza para a mañá do 25 de marzo unha visita ao Centro de Servizos Integrados da Cidade das TIC (A Coruña). Durante a visita, as empresas Altia, Cinfo, Enxenio, ITG, Kelea e Odeene realizarán co estudantado distintos obradoiros tecnolóxicos. Ademais, veremos tamén o Galaxy Lab, un laboratorio avanzado de intelixencia artificial aplicado a drons.
É necesaria inscrición (aforo limitado). As instrucións e máis información foron enviadas por correo electrónico ao estudantado de terceiro e cuarto curso do Grao en Enxeñaría Informática e do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, e de terceiro curso do Grao en Intelixencia Artificial, ao que se dirixe esta actividade.