SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA

Online. Mércoles 24 ás 10:00h

INSCRICIÓNS: AQUÍ

O PMEC é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade que ten por obxectivo xeral que o alumnado e persoas egresadas da UDC posúan os coñecementos imprescindibles que favorecen a súa inserción laboral.

Este programa comprende dous seminarios (Módulo 1 e Módulo 2) e unha xornada única de experiencias e casos prácticos de inserción laboral (Módulo 3) que se realizará a finais de curso e que conta coa participación de empresas e persoas emprendedoras. O alumnado asistente aos tres módulos (1, 2 e 3) do Programa de Mellora da Empregabilidade terá dereito a solicitar 1 crédito ECTS. 

 

MÓDULO 1

SEMINARIO DE EMPRENDEMENTO

"SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA"

Duración: 3 h

Ten como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.

Máis información