Programa “Fórmate na Empresa”

oportunidade de prácticas remuneradas

O programa Fórmate na Empresa, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Amigó, está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que non se atopen estudando nin traballando.

Este programa ofrece a posibilidade de realizar estadías formativas remuneradas en empresas de sectores estratéxicos, entre eles o tecnolóxico, cunha duración de entre 3 e 4 meses. As persoas participantes contarán cunha bolsa mensual mínima de 690,66 €, incrementada con 100 € adicionais por desprazamento.

Entre as vantaxes do programa destacan:

  • Experiencia profesional real en empresa
  • Formación complementaria (mínimo 20 horas) en competencias para o emprego
  • Titorización individualizada durante a estadía
  • Mellora do currículo e da empregabilidade
  • Posibilidade de incorporación laboral ao finalizar as prácticas

Unha das empresas participantes é unha multinacional do sector tecnolóxico, que podería ofrecer continuidade laboral tras a finalización das prácticas.

Os perfís demandados inclúen titulacións universitarias en:

  • Enxeñaría Informática
  • Ciencia de Datos
  • Análise de Datos
  • Intelixencia Artificial ou áreas afíns

Para participar, é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Estar empadroado/a en Galicia (mínimo 1 ano)
  • Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Máis información dispoñible en:

👉 https://xuventude.xunta.gal/es/programas-c/formate-na-empresa