PROGRAMA BOLSAS DE PRÁCTICAS
📢 PROGRAMA BOLSAS DE PRÁCTICAS FUNDACIÓN ONCE-CRUE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
➡️ Poderá presentarse o estudantado da Universidade da Coruña matriculado neste curso académico (2025/2026) nun grao, co 50% dos créditos superados incluíndo toda a formación básica, ou nun mestrado, co 25% dos créditos superados, que teña unha discapacidade recoñecida legalmente de, como mínimo, un 33%, e queira realizar prácticas, xa sexan curriculares ou extracurriculares.
➡️Duración das prácticas: 3 meses.
➡️Contía total: 1800 €. Contía por mes: 600 €.
➡️Período de prácticas: pódense elixir 3 meses consecutivos entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2026.
➡️+info: https://www.udc.es/gl/emprego/practicas-fundacion-once/
📅 Fin do prazo de inscrición: o 10/12/2025






