Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Software libre

Dende a Oficina de Software Libre do CIXUG queremos fomentar o uso  e creación do Software Libre dentro da comunidade universitaria.

Gustaríanos presentarlle o X Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre, organizado pola nosa oficina en colaboración coa AMTEGA a través de mancomún.

Poderán optar ao premio calquera estudante matriculado nalgunha das titulación de enxeñería ou enxeñería técnica, titulados de grao ou mestrado do Sistema universitario Galego, que teña presentado e defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Grao ou Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do actual ano académico 2016/2017, ben sexa ordinaria ou extraordinaria, sempre que o proxecto fose avaliado antes da data de finalización do prazo de inscrición.

Para participar no premio deberá cumprir os seguintes requisitos:

  1. Que sexan realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  2. Que o software desenvolvido sexa liberado baixo una licenza libre de entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

Tamén poderán participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.

Conta cun premio de 1.500 € e un accésit de 750€ patrocinado pola asociación GPUL.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de setembro de 2017.