Oferta de prácticas curriculares no Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática
Título: Algoritmos Evolutivos para Aprendizaxe Indutiva en Answer Set Programming (ASP)
Nº de prazas: 1
Destino: IRLab, Laboratorio 4.2, Facultade de Informática da Universidade da Coruña
Duración: 250 horas
Período estimado: do 14/09/2026 ao 09/12/2026
Titor profesional:
José Pedro Cabalar Fernández
Despacho 4.11, Facultade de Informática
Correo electrónico: cabalar@udc.es
Descrición
O traballo consistirá na aplicación de técnicas de computación evolutiva ao problema de aprendizaxe indutiva de programas lóxicos en Answer Set Programming (ASP). Entre as tarefas previstas inclúense a avaliación de distintas técnicas evolutivas, a medición de resultados sobre casos de proba e a comparación con outras ferramentas de aprendizaxe automática en ASP.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán enviarse por correo electrónico a cabalar@udc.es, á atención de Pedro Cabalar.
Prazo límite: 24 de xullo de 2026.
Documentación a presentar
- Expediente académico do Máster en Enxeñaría Informática.
- Curriculum Vitae.
Criterios de selección
- Expediente académico: ata 1 punto.
- Entrevista persoal e currículo: ata 1 punto, valorándose especialmente a experiencia previa en programación e desenvolvemento de aplicacións relacionadas coa Aprendizaxe Automática e a Intelixencia Artificial.
A nota mínima de acceso será de 1 punto. As solicitudes avaliadas por debaixo desa cualificación quedarán excluídas.
Máis información: PDF adxunto.






