O Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde renova a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia

O Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde obtivo a renovación da mención de Máster Universitario Excelente concedida pola Xunta de Galicia, un recoñecemento que acredita a calidade académica e científica da titulación.

A renovación desta distinción terá unha vixencia de cinco cursos académicos, ata o curso 2030/2031, consolidando o compromiso do máster coa excelencia na docencia, na investigación e na formación especializada no ámbito da bioinformática aplicada ás ciencias da saúde.

Este recoñecemento pon en valor o traballo desenvolvido polo profesorado, o estudantado e todas as persoas implicadas na titulación, e reforza o compromiso do máster coa mellora continua e coa formación de profesionais altamente cualificados.