Nova xornada técnica de formación

Novos usuarios da FIC

Mañá, día 19 de setembro ás 12:30, celebrase no laboratorio de prácticas 0.5w da FIC unha nova sesión técnica gratuíta, previo rexistro, orientada ós estudantes de grao e mestrado. O obxectivo é que coñezan as infraestruturas e recursos informáticos que se utilizarán na docencia da FIC, estando especialmente recomendadas para alumnos de primeiro ano.

Toda a información ao respecto está dispoñible na seguinte ligazón.