IV Xornadas de IA e Nesgos de Xénero

O próximo 2 de outubro terá lugar na Casa do Estudantado a cuarta edición das Xornadas de IA e Nesgos de Xénero: oportunidades para a igualdade, un encontro que busca analizar os retos que presenta a intelixencia artificial desde unha perspectiva crítica e inclusiva.



O programa contará con relatorios de referencia como Helena Matute (Universidad de Deusto), Eurídice Cabañes e Ana Freire (Universitat Pompeu Fabra), que abordarán cuestións relacionadas cos sesgos cognitivos, a perspectiva de xénero nos desenvolvementos tecnolóxicos e o impacto da IA na saúde mental.

Na sesión "FACTOR[IA] UDC · investigacións en 10'" participarán tamén persoas vinculadas á Facultade de Informática, entre elas Paloma Piot, ademais da exalumna Lucía Álvarez (Gradiant).

As xornadas rematarán cunha mesa redonda moderada por Laura Castro.

📅 Data: 2 de outubro

🕙 Horario: 10:00 - 14:30

📍 Lugar: Casa do Estudantado

🔗 Programa completo: https://www.canva.link/ia-nesgos