Itinerarios do Grao en Enxeñaría Informática.
Reunión informativa
O vindeiro mércores 10 de maio ás 12:30, na aula 3.2, celebrarase unha reunión informativa acerca das cinco mencións que se poden cursar no grao.
A charla está orientada, sobre todo, a estudantes de segundo que teñan que elixir mención no próximo curso, pero está aberta a calquera estudante interesado.
A estrutura será a seguinte:
O actual responsable do grao, Marcos Ortega, fará un breve resumo de cada mención.
Os coordinadores de cada itinerario contestarán a dúbidas que poida haber.
Finalmente, alumnos que estean a cursar as diferentes mencións mostrarán a súa visión destas.
Esperámosvos!