Grupos/Horarios Docencia GEI 2018/19

Elección preferencia e procedemento asignación

Neste curso 2018/19 a asignación de alumnos a grupos/horarios da titulación do GEI realizarase, a principios de Setembro, de maneira automática a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es (xestor.udc.es xa non se utilizará).

A asignación farase, por orde alfabética, tentando respectar, na medida do posible, a preferencia de franxa horaria elixida por cada alumno, mañá ou tarde.

Para a elección de preferencia de franxa horaria, a partir de que pasasen 48 horas despois de realizada a súa matrícula, o alumno poderá conectarse a https://espazos.udc.es (dándose de alta previamente en https://servizos.udc.es) e, despois de seleccionar o seu centro, a través da entrada do menú “as miñas opcións/preferencia de horario de docencia”, seleccionar a súa preferencia de franxa horaria.

Pódense consultar os horarios nesta mesma páxina web: https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames

Para a asignación de grupos, os alumnos matriculados ordenaranse alfabeticamente segundo o sorteo realizado pola Xunta de Galicia no mes de Febreiro para admisión de alumnado en colexios públicos e concertados de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24326 (iste ano o resultado do devandito sorteo foi “ZT” para o primeiro apelido e “CJ” para o segundo). A asignación non se efectuará antes do 5 de Setembro e non terá en conta o instante de elección de preferencia senón a orde alfabética. Unha vez feita a asignación o alumno poderá ver o resultado do grupo que se lle asignou en  https://espazos.udc.es.