Erro na carga de información do plan de estudios. GEI

Correo de la administración del centro

CORREO DE LA ADMINISTRACIÓN DEL CENTRO POR ERROR EN LA CARGA DE INFORMACIÓN DEL PLAN DE ESTUDIOS DEL #FIC_GEI

Bo día:

Este correo vai dirixido ao alumnado do Grao en Enxeñaría Informática matriculado nalgunha materia de 3º ou 4º curso.

Por mor dun erro na carga da información do plan de estudos do grao na aplicación de matrícula, algunhas materias que terían que ser ofertadas en dous cuadrimestres diferentes, se estaban a ofertar nun só. 

Este erro foi arranxado e os alumnos matriculados nestas materias deben matricularse no cuadrimestre que lles corresponde. De non facerse este cambio, os alumnos non poderán cursar a materia no cuadrimestre desexado. Ao final deste correo podedes atopar a listaxe de materias afectadas por esta incidencia.

Para iniciar o proceso de axuste da matrícula, EXCLUSIVAMENTE OS ALUMNOS AFECTADOS deben indicar nun correo con asunto: "Cambio de matrícula" dirixido a administracion.fic@udc.gal a seguinte información (unha fila por materia na que queiran facer cambio no cuadrimestre de matrícula):

Nome do alumno, DNI

Código e nome da materia, cuadrimestre no que se matriculou, cuadrimestre no que desexa matricularse

Por exemplo:

--

Manuel Sánchez Pérez, 321321321Q

614G01026 - Arquitectura do Software, 1, 2

614G01060 - Sistemas Encaixados, 2, 1

Saúdos,

--

Listaxe de materias afectadas:

Código       Nome da materia

614G01026   Arquitectura do Software

614G01028   Aseguramento da Calidade

614G01032   Dispositivos Hardware e Interfaces

614G01033   Arquitectura de Computadores

614G01039   Teoría da Computación

614G01042   Xestión de Procesos de Negocio

614G01043   Explotación de Almacéns de Datos

614G01052       Marcos de Desenvolvemento

614G01053   Validación e Verificación do Software

614G01058   Programación de Sistemas

614G01059   Enxeñaría de Infraestruturas Informáticas

614G01060   Sistemas Encaixados

614G01065   Deseño das Linguaxes de Programación

614G01067   Procesamento de Linguaxes

614G01072   Integración de Datos

614G01073   Sistemas de Información Empresarial

614G01074   Sectores de Negocio

614G01081   Servizos Multimedia