Elección Preferencia e Procedemento Asignación de Grupos/Horarios Docencia
A asignación de alumnos a grupos/horarios da titulación do GEI realizarase a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es. Dita asignación farase, por orde alfabética, tentando respectar, na medida do posible, a preferencia de franxa horaria elixida por cada alumno, mañá ou tarde.
Para a asignación de grupos, os alumnos matriculados ordenaranse alfabeticamente segundo o sorteo realizado pola Xunta de Galicia no mes de Febreiro para admisión de alumnado en colexios públicos e concertados de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27132 (este ano o resultado do devandito sorteo foi “EC” para o primeiro apelido e “UP” para o segundo).
INSTRUCCIÓNS PARA ELECCIÓN DE PREFERENCIA: Unha vez completada a súa matrícula, para a elección de preferencia de franxa horaria, o alumno deberá conectarse a https://espazos.udc.es. Unha vez dentro, despois de seleccionar como centro a Facultade de Informática, deberá usar a entrada do menú “as miñas opcións/preferencia de horario de docencia” para seleccionar a súa preferencia de franxa horaria. Nota: para poder participar no proceso de asignación de grupo/horario é imprescindible darse de alta previamente nos Servizos da UDC na páxina https://servizos.udc.es
PRAZOS: Para este curso 2019/20 a asignación realizarase en tres fases:
- A primeira asignación farase o día 22 de Xullo. Entrarán nela os alumnos de primeiro e primeira vez matriculados no primeiro turno de matrícula, sempre que estean dados de alta en Servizos.
- A segunda asignación farase o día 29 de Xullo. Entrarán nela os alumnos de primeiro e primeira vez matriculados no segundo turno de matrícula, sempre que estean dados de alta en Servizos.
- A terceira asignación farase entre os días 2 e 3 de Setembro. Entrarán nela os restantes alumnos matriculados, sempre que estean dados de alta en Servizos.
Unha vez terminada unha fase de asignación os alumnos correspondentes poderán ver o resultado do grupo que se lles asignou en https://espazos.udc.es.
Notas:
- Lembrar que se se desexa consultar os horarios pódese facer nesta mesma páxina web: https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames
- Unha vez asignado o horario dun alumno se se atopa algunha incidencia no mesmo, pódese contactar por email coa secretaría do decanato decanato.fic@udc.es. Incidencia refírese a erros do tipo falta de grupos ou asignación en materias nas que realmente non se está matriculado. Os cambios de grupo son outra cousa e estes poderanse solicitar a principios de Setembro nun prazo que será debidamente anunciado nesta web.