Conferencia: Bioloxía, a revolución que vén, por que computacional? por que bioinformática?
16 novembro. Cátedra Handytronics-Telecon
O vindeiro venres 16 de novembro, ás once e media, o profesor Antonio Carvajal-Rodríguez da Universidade de Vigo impartirá unha charla no edificio da Área Científica (A3.03), anexo á Facultade de Informática, no ámbito da bioinformática.
Achégase unha breve descrición. Aqueles que desexen obter un certificado de asistencia deberán rexistrarse previamente a través da ligazón da páxina web do Máster de Bioinformática.