Ciencia de datos con Elixir
Da man de Gradiant
🧠 Charla convidada: Ciencia de datos con Elixir da man de Gradiant
Sabías que Gradiant aplica Elixir, a linguaxe que usamos nas prácticas de Arquitectura do Software, para facer ciencia de datos
Ven a coñecer como desenvolven solucións innovadoras combinando rendemento, escalabilidade e análise intelixente de información.
📆 Martes, 25 de novembro
🕢 18:30 a 20:00
📍 Aula 2.11 - Facultade de Informática
Unha charla ideal para quen queira ver como a teoría se converte en práctica dentro do mundo real da enxeñería de software 💻






