Calendario de asignación de horario/grupo ao alumnado
A asignación de estudantes a grupos/horarios da titulación do GEI, GCED e GIA realizarase a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es. Dita asignación farase, por orde alfabética de apelidos, tentando respectar, na medida do posible, a preferencia de franxa horaria elixida por cada alumno, mañá ou tarde.
A orde alfabética seguirá un criterio derivado do sorteo realizado pola Xunta de Galicia no mes de Febreiro para admisión de estudantado en colexios públicos e concertados de Galicia. No curso 2024/2025 a letra de comezo será OA para a prioridade polo primeiro apelido.
Para a elección de preferencia de franxa horaria, o estudante deberá conectarse a https://espazos.udc.es, seleccionar como centro a Facultade de Informática, e picar na entrada do menú “as miñas opcións/preferencia de horario de docencia” para seleccionar a súa preferencia de franxa horaria. Nota: É imprescindible darse de alta previamente en Servizos da UDC na páxina https://servizos.udc.es.
PROCESO DE ASIGNACIÓN:
PRIMEIRA QUENDA:
Antes do 2 de setembro.
Para os estudantes de primeiro e primeira vez.
SEGUNDA QUENDA:
Antes do 9 de setembro.
Para os restantes estudantes matriculados.
RESULTADO:
Os estudantes poderán ver o resultado do grupo e horario que se lles asignou en https://espazos.udc.es. Para cualquera incidencia (horario non asignado ou materia non asignada no horario), contactar por email con vicedecanato.infraestruturas.fic@udc.gal.
PERMUTAS:
A partir do mes de setembro nun prazo anunciado nesta web.
CAMBIOS DE GRUPO:
A partir do 9 de setembro a través dun procedemento que se anunciará nesta web (normativa).
Notas:
Os horarios OFICIAIS pódense consultar nesta misma páxina web:
https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames para o GEI
https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames-gced para o GCED
https://www.fic.udc.es/es/horarios-y-examenes-0 para o GIA
Este documento contén información relativa a este procedemento: InformaciónAsignaciónGrupos.docx