Actuación en caso de contacto estreito con COVID
Curso 2020/21
Forma de actuar se fostes contacto estreito dalgunha persoa que confirmase o seu positivo por COVID ou, por suposto, se destes positivo vós mesmos:
- Avisádenos a decano.fic@udc.es, prl@udc.es e info.covid@udc.gal o máis rapidamente posible.
- Poñédevos en contacto co voso médico de cabeceira ou co teléfono COVID do Sergas (900 400 116) para solicitar unha PCR.
- Mantédevos en illamento ata ter instrucións do voso médico e todo o tempo que este vos indique.
É moi importante que todos actuemos con responsabilidade para que a situación sanitaria siga baixo control e podamos continuar coas clases que se están a impartir de forma presencial.