Charla: Xestión de Proxectos (SolidQ)
Prazas limitadas. Reserva aquí.
Á hora de empezar cun proxecto, pódensenos expor situacións como “por que non imos facendo e xa vemos sobre a marcha?”, responder afirmativamente a esta pregunta é unha das principais razóns no fracaso dun proxecto.
Unha xestión de proxectos eficiente tradúcese nunha mellora do produto e o investimento nesta parte permitirá xestionar situacións que quedarían nun limbo, por exemplo, como cohesionar ao equipo, como as relacións co cliente, etc.
Para levar a cabo esta xestión, teremos que ‘casarnos’ con algunha filosofía de traballo, o cal en ocasións pode levar a unha revolución na empresa, e necesitaremos dalgunhas ferramentas que nos axuden a ter o control de que fixemos, que tarefas estamos actualmente desenvolvendo e que temos por diante no proxecto.
Índice:
1. Importancia na xestión de proxectos
a. Obxectivos e estratexia
b. Planificación
c. Control e supervisión
d. Avaliación riscos
2. Principais tipos de proxectos
3. Metodoloxía tradicional vs áxil
4. Metodoloxías áxiles
a. Scrum
b. Kanban
c. Scrumban
5. O mundo real