Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Orientación

Vostede está aquí

 

As actividades de orientación para os estudantes do Grao en Enxeñaría Informática están incluídas no PAT da titulación.

Orientación académica

Durante o curso celébranse diferentes eventos e charlas informativas para achegar aos estudantes a información relacionada coa propia titulación:

  • Xornadas de acollida (principios de setembro). Destinada ao alumnado de novo ingreso, e na que o equipo decanal e o coordinador do PAT se presentan, e presentan tamén instalacións, recursos docentes, aulas, biblioteca, servizos da UDC e en xeral a organización do grao.
  • Xornadas de presentación de materias (o primeiro día de cada cuadrimestre). Destinada a todo o alumnado matriculado en materias do grao, e na que o profesorado coordinador das diferentes materias presentan ao equipo docente, os contidos, a planificación e a organización das súas materias.
  • Xornada de presentación de especialidades (abril-maio). Destinada ao alumnado que debe elixir mención no seguinte curso académico, e na que o coordinador da titulación e os coordinadores das cinco mencións presentan os contidos e obxectivos de cada especialidade, así como aclaran todas as dúbidas do proceso.
  • Reunións informativas de TFGs (finais de outubro e finais de curso). Destinada a todo o alumnado matriculado en materias de TFG ou que se vai matricular no seguinte curso, e na que o coordinador do grao (e responsable de TFG) presenta os trámites, condicións e organización do TFG.
  • Reunións informativas de prácticas en empresas (xuño). Destinadas ao alumnado que opta a prácticas en empresas, e nas que o vicedecano/a responsable de prácticas en empresas presenta os trámites, condicións e organización das mesmas.

Orientación sobre programas de mobilidade

Como estudantes do grao, os estudantes poden participar en diferentes programas de mobilidade: Erasmus+ (tanto con fin de estudos como Erasmus prácticas), convenios bilaterais, dobre grao coa University of South Wales, SICUE etc.

Estes programas están regulados segundo diferentes convocatorias que son difundidas a través da web do centro no momento da súa publicación, e ademais organízanse diferentes charlas informativas para explicar os diferentes programas aos estudantes. Estas charlas celébranse xeralmente no mes de febreiro, e inclúen unha charla xenérica para todo o alumnado da UDC, e outra charla propia para estudantes da FIC, na que se explican os detalles máis específicos que aplican a titulación de Grao.

Orientación laboral

Durante todo o curso, e desde a dirección do centro, prográmanse diferentes actividades de orientación laboral: ciclos para coñecer as empresas do entorno, talleres de empregabilidade, etc. 

 

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña