Workshop online: Rendemento e optimización en BBDD: Unha exploración máis aló do SQL (ALTIA)

Orientado a todos os estudantes da FIC, e especialmente aos alumnos do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos e a aqueles matriculados en materias de BBDD.

DESCRICIÓN DO OBRADOIRO

Neste obradoiro veremos algúns dos principais aspectos que condicionan o rendemento dunha BBDD: Indexación, uso de funcións, operacións join, etc. A través dalgúns exemplos, comprenderemos mellor o funcionamento das BBDD e alcanzaremos estratexias para sacar o maior partido ás nosas consultas SQL.

REQUISITOS DO OBRADOIRO

Non será necesario instalacións previas para realizar a actividade. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse aquí

Unha vez realizada a inscrición recibiranse as instrucións para o acceso. 

Fecha del evento: 
Xoves, 26 Novembro, 2020 - 12:00