Software Libre, concursos e TFG, ¿Que me achegan?

Charla "Software Libre, concursos e TFG, ¿Que me achegan?", organizada polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL).

A charla busca dar unha visión práctica do salto á vida profesional dun informático e daranse todo tipo de consellos e recomendacións aos alumnos de face a potenciar o seu currículo, especialmente centrándose no software libre.

Mostrarase o interesante que pode ser liberar o TFG/TFM e algúns concursos nos que se pode participar, falarase da importancia de facer curriculum público en plataformas como GitHub ou GitLab ou de como participar nalgún programa como o Google Summer Of Code ou o Outreachy pode axudarche a atopar un bo traballo.

Páxina de Meetup, onde pode obter máis información.

Cartel da charla.

Lugar: Laboratorio 0.5w da FIC

Tags: 
Fecha del evento: 
Xoves, 11 Maio, 2017 - 18:30