FePEfic 2021

II Feira de prácticas en Empresa. Edición virtual.

O xoves día 8 de abril celebraremos a segunda edición da FePEfic, a Feira de Prácticas en Empresa da FIC, este ano de maneira virtual. 

A feira está dirixida principalmente ao alumnado que teña pensado realizar prácticas en empresa durante o vindeiro curso, pero todo o estudantado será ben recibido.

Poderedes asisitir a diferentes charlas técnicas e de orientación laboral, e consultar coas empresas nos seus expositores, de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00h.

Ás 19:30 terá lugar a presentación do Programa de Prácticas en Empresa para o curso 2021-2022 no mesmo entorno. 

É importante que quen queira realizar prácticas en empresa o vindeiro curso asista a esta presentación. 

Para participar na feira e asistir ás charlas é necesario inscribirse en https://www.walconvirtual.com/es/landings/registrofepefic/.

Unha vez vos inscribades recibiredes un correo coa información necesaria para instalar no voso ordenador o entorno virtual, e as instruccións de acceso.

Iremos actualizando a información en: https://fepe.fic.udc.es/

Vémonos o xoves 8!

Adjuntos: 
Fecha del evento: 
Xoves, 8 Abril, 2021 - 11:30