**CANCELADA** Charla "Descomponiendo el Unicornio"
COVID-19. EVENTO CANCELADO
Relator: Dr. David Martínez, investigador da área Big Data da University College London ( UCL), colaborador do Grupo de Investigación LIDA na FIC e Director da área de investigación de DataSpartan.
Lugar: Aula 3.3. Facultade de Informática.
Resumo: O sector de ciencia de datos persegue a contratación de unicornios que engloben un conxunto de coñecementos difíciles de abarcar para os profesionais á velocidade que marca o mercado. Este concepto de unicornio carece de contexto e confunde tanto a empresas como a profesionais. Nesta charla tentaremos poñer en contexto tanto hard skills como soft skills destes 'unicornios' tal e como se atopan na práctica cando o obxectivo é poñer proxectos en produción. Tamén repasaremos brevemente os retos aos que se enfrontasen os unicornios do futuro (próximo).