A FIC ten un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) que busca principalmente garantir a calidade do funcionamento do centro, e particularmente o das titulacións das que éste é responsable. O noso SGIC foi deseñado conforme ás directrices do Programa FIDES-AUDIT da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e está implantado desde o curso 2010/11. A implantación do noso SGIC conforme ás directrices do devandito programa foi certificada pola ACSUG o 31/07/2013, sendo o noso centro un dos primeiros a nivel nacional en acadar esta certificación.
A maior parte da información necesaria para o seguimento dos títulos pódese encontrar na web de estudos da UDC seleccionando o título axeitado. Pódese encontrar información máis detallada que se fai pública sobre os títulos do centro a través da aplicación de calidade (enlace), seleccionando o título axeitado. Dende o curso 17/18 o seguimento das titulacións do centro faise de forma conxunta, nunha avaliación institucional.
Recóllense aquí as memorias de verificación e modificación dos títulos, xunto cos informes recibidos, incluidos os de seguimento e acreditación, previos á acreditación institucional, obtidos polas diferentes titulacións do centro.