DESCRICIÓN DA CÁTEDRA
A cátedra ten como obxecto o regular unha colaboración estable entre a Universidade da Coruña e everis, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.
PRINCIPAIS OBXECTIVOS
- Colaborar na docencia da Facultade de Informática e, especialmente, no campo da transformación dixital das organizacións públicas e persoais de Galicia.
- Promover actuacións que estimulen o talento dos estudantes e faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, a través do aliñamento das súas competencias, coñecementos e habilidades coa demanda actual e futura do mercado laboral.
- Favorecer actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da Facultade de Informática.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
- Actividades de formación e divulgación.
- Actividades de transferencia e de investigación.
DIRECCIÓN
Dirección da cátedra: Adriana Dapena Janeiro, profesora titular da Universidade da Coruña.
Contacto: catedra.everis@udc.es
Existe unha Comisión de Seguimento, órgano encargado da planificación, seguimento e avaliación das accións levadas a cabo dentro da cátedra.
Por parte da UDC os membros da Comisión de Seguimento son:
- Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia,
- Mariano J. Cabrero Canosa, decano da Facultade de Informática,
- Adriana Dapena Janeiro, directora da cátedra.
Por parte de everis, os membros da Comisión de Seguimento son:
- Alberto Borrego Díez, director everis Galicia,
- Francisco Javier Bouzada Jaureguizar e Marianne Branco Martiño, membros do equipo executivo de everis Galicia.
MEMORIA DE ACTIVIDADES
COÑÉCENOS MÁIS