Este novo curso fixéronse unha serie de cambios en canto ao acceso e á contorna de traballo nos equipos informáticos das aulas e laboratorios da FIC.
A continuación tedes un breve resumo dalgúns dos cambios máis importantes:
Estudantes de PRIMEIRO curso do grao:
O prazo para realizar a solicitude será do 18 ao 20 de setembro do 2017 (ambos días incluídos).
As solicitudes realizaranse de forma telemática no Xestor da FIC.
Co obxectivo de facilitar o intercambio de grupo entre o alumnado, ábrese un procedemento de permuta de grupos.
Os días 11, 12 e 14 de setembro celebraranse nun laboratorio de prácticas da FIC unhas sesións técnicas gratuítas, previo rexistro, orientada ós estudantes de grao e mestrado.
Máis información