O venres 26/10 fallouse o premio da XI edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG.
O mércores 24 de outubro faremos unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en Santiago de Compostela. Saldremos en autobús ás 17:00 horas e a chegada de volta está prevista para as 20:30 horas.
Convidámoste a coñecer unha das tecnoloxías máis importante dos últimos tempos: Blockchain. Que é blockchain? Onde e cando utilizala? É segura? Como está a se implantar en Galicia?