Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Prácticas en empresa

Vostede está aquí

PRÁCTICAS EXTERNAS

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitir aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empleabilidad e  fomenten a súa capacidade de emprendimiento.

De acordo co vixente Plan de Estudo do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, a Dirección da FIC organiza e coordina a realización de prácticas curriculares e extracurriculares en empresas e institucións públicas e privadas.

O Plan de Prácticas Externas da FIC para a titulación de Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos inclúe dous tipos de prácticas:

  • Prácticas curriculares: materia obrigatoria do Plan de Estudos.
  • Prácticas extracurriculares.

As prácticas poden ser realizadas por estudantes que, no momento da solicitude, teñan superado o 50% dos créditos da titulación, incluíndo toda a formación básica.

Prácticas Curriculares

As Prácticas Curriculares están incluídas como una asignatura obrigatoria do cuarto curso do Plan de Estudos. A duración será de 125 horas a realizar durante un cuadrimestre.

A FIC ten convenios con entidades colaboradoras que ofertan anualmente prácticas aos estudantes do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.

A práctica contará cun titor profesional asignado pola empresa e por un titor académico asignado pola FIC. Para poder realizar un correcto seguimento, o estudiante entregará ao seu titor académico informes quincenais e unha memoria final. Unha vez finalizada a práctica, o titor profesional enviará un informe ao Decanato da FIC. Finalmente, o titor académico emitirá un informe coa calificación do estudante.

Os estudantes interesados en realizar prácticas, poden consultar o procedemento no taboleiro vitual da fic.

Prácticas Extracurriculares

As prácticas extracurriculares son aquelas que, aínda tendo os mesmos  fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente Plan de Estudos.  No entanto serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente (avisarase a través das canles oficiais cando recibamos información do procedemento).

Poden realizarse como continuación dunha práctica curricular ou a través de fundacións e programas propios da UDC. A duración máxima é de 750 horas por curso académico (a condición de que o estudante non obteña o título). 

A FIC xestiona as prácticas extracurriculares que sexan continuación de prácticas curriculares. Para outras prácticas, a empresa ou o estudante pode contactar con algunha fundación (FUAC, etc.).

Para dar visibilidade ás ofertas, a web pon ao dispor das empresas un apartado a súa publicación. https://www.fic.udc.es/gl/ofertas-de- emprego-practicas Para a publicación, só é necesario enviar un ficheiro coa oferta a vri.fic@udc.es (publicarase nun tempo máximo de 5 días).

 

Mais información para estudantes matriculados

Taboleiro difxital

 

Marco xurídico do ámbito académico

Contacto

 vicedecanato.relacions.institucionais.fic [@] udc.gal

 

 

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña