Calendario de asignación de horarios/grupos ao alumnado
A asignación de estudantes a grupos/horarios da titulación do GEI, GCED e GIA realizarase a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es. Dita asignación farase, por orde alfabética de apelidos, tentando respectar, na medida do posible, a preferencia de franxa horaria elixida por cada alumno, mañá ou tarde.
A orde alfabética seguirá un criterio baseado no sorteo realizado pola Xunta de Galicia no mes de Marzo para admisión de estudantado en colexios públicos e concertados de Galicia (“RA” para o primeiro apelido e “RA” para o segundo).
Para a elección de preferencia de franxa horaria, o estudante deberá conectarse a https://espazos.udc.es, seleccionar como centro a Facultade de Informática, e picar na entrada do menú “as miñas opcións/preferencia de horario de docencia” para seleccionar a súa preferencia de franxa horaria. Nota: É imprescindible darse de alta previamente en Servizos da UDC na páxina https://servizos.udc.es.
PROCESO DE ASIGNACIÓN:
- PRIMEIRA QUENDA:
- Antes do 6 de setembro.
- Para os estudantes de primeiro e primeira vez.
- SEGUNDA QUENDA:
- Antes do 11 de setembro.
- Para os restantes estudantes matriculados.
RESULTADO: Os estudiantes poderán ver o resultado do grupo e horario que se lles asignou en https://espazos.udc.es. Para cualquera incidencia (horario non asignado ou materia non asignada no horario) contactar por email con vicedecanato.infraestruturas.fic@udc.gal
PERMUTAS: A partir do mes de setembro nun prazo anunciado nesta web
CAMBIOS DE GRUPO: A partir do 11 de setembro a través dun procedemento que se anunciará nesta web (normativa https://www.fic.udc.es/sites/default/files/adjuntos_noticias/normativa_cambio_grupo_fic.pdf)
Notas: Os horarios OFICIAIS pódense consultar nesta misma páxina web:
https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames para o GEI
https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames-gced para o GCED
https://www.fic.udc.es/es/horarios-y-examenes-0 para o GIA