Taller online (denodo): Analítica Big Data en entornos Cloud usando Virtualización de Datos

Neste taller mostrarase como implementar paso a paso un caso de uso de analítica Big Data nunha contorna Cloud, usando a virtualización de datos.

O obxectivo do taller será construír un informe para resolver unha hipotética necesidade de negocio nunha gran organización. Para iso será necesario combinar grandes volumes de datos distribuídos en Redshift, Aurora e Impala. Utilizarase Denodo Data Virtualization para integrar e combinar os datos dos 3 sistemas subxacentes e os resultados visualizaranse nun informe creado con Apache Zeppelin.

Máis información e reserva de plaza: https://www.denodo.com/tallerpracticofic

 

Fecha del evento: 
Luns, 3 Maio, 2021 - 11:30