Workshop online: Rendemento e optimización en BBDD: Unha exploración máis aló do SQL
Xoves 26/11/2020 de 12:00 a 13:30h
Orientado a todos os estudantes da FIC, e especialmente aos alumnos do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos e a aqueles matriculados en materias de BBDD.
DESCRICIÓN DO OBRADOIRO
Neste obradoiro veremos algúns dos principais aspectos que condicionan o rendemento dunha BBDD: Indexación, uso de funcións, operacións join, etc. A través dalgúns exemplos, comprenderemos mellor o funcionamento das BBDD e alcanzaremos estratexias para sacar o maior partido ás nosas consultas SQL.
REQUISITOS DO OBRADOIRO
Non será necesario instalacións previas para realizar a actividade. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse aquí.
Unha vez realizada a inscrición recibiranse as instrucións para o acceso.