XORNADA DE BENVIDA DO CURSO 2020/21 PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

XORNADA DE BENVIDA DO CURSO 2020/21 PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O próximo luns 21 de setembro realizarase unha xornada de benvida para o alumnado que ingresa por primeira vez na Facultade de Informática, no Grao en Enxeñaría Informática e no Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos. Polo tanto, o luns 21 non haberá clases nas materias de primeiro curso de grao.

Como parte desta xornada de benvida lanzarase o programa de mentoring, no que alumnado da facultade acompañará ao novo alumnado na súa aterraxe na Universidade. Ademais, impartirase un curso de “Técnicas de estudo e xestión do tempo” para o alumnado de novo ingreso.

Aínda estamos a traballar na loxística para o desenvolvemento da xornada, polo que vos comunicaremos os detalles ao voso correo electrónico da UDC ao longo desta semana.

Para o resto dos cursos, as clases comezarán xa o propio luns 21 de setembro.

 

HORARIOS E INSTRUCCIÓNS DA XORNADA

No arquivo PDF publicado con esta nova podedes ver as instruccións e horarios da xornada.