Atraso na asignación de alumnos a grupos/horarios
GEI 2018/19
Ata este momento, por problemas técnicos da ferramenta corporativa de UDC https://espazos.udc.es, non foi posible facer a asignación de alumnos a grupos/horarios.
Estamos a espera de que os técnicos resolvan a incidencia que o impide antes do comezo das clases.
En canto estea lista a asignación avisaremos por este mesmo medio, así como tamén vía Twitter.
Desde o equipo decanal queremos pedir desculpas polos trastornos que este atraso pode estar a provocar tanto a alumnos como a profesores.