Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
Dende a Oficina de Software Libre do CIXUG queremos fomentar o uso e creación do Software Libre dentro da comunidade universitaria.
Gustaríanos presentarlle o X Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre, organizado pola nosa oficina en colaboración coa AMTEGA a través de mancomún.
Poderán optar ao premio calquera estudante matriculado nalgunha das titulación de enxeñería ou enxeñería técnica, titulados de grao ou mestrado do Sistema universitario Galego, que teña presentado e defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Grao ou Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do actual ano académico 2016/2017, ben sexa ordinaria ou extraordinaria, sempre que o proxecto fose avaliado antes da data de finalización do prazo de inscrición.
Para participar no premio deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Que sexan realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
-
Que o software desenvolvido sexa liberado baixo una licenza libre de entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.
Tamén poderán participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.
Conta cun premio de 1.500 € e un accésit de 750€ patrocinado pola asociación GPUL.
O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de setembro de 2017.